Ciadella 2020: vidros de ventá

         A necesidade de permitir a entrada de luz e aire nas estancias, levou aos construtores romanos a buscar solucións. Para isto, o vidro parecía ser un excelente material para o peche dos vanos que se abrían nos muros. Este tipo de vidro caracterízase porque é plano, con cores azuis verdosos, translúcidos e relativamente grosos, especialmente se os comparamos con outros obxectos de vidro (como vasos ou pratos). A textura das superficies é importante. Por un lado, é pulida e lisa, mentres que o outro lado, é máis rugoso e mate. Este tipo de vidros fabricábanse con varias técnicas. Nun primeiro momento fixéronse con vidro coado e estirado, sobre unha superficie plana ou molde ata obter as láminas, mentres que máis adiante empregarase tamén o soprado de cilindros de vidro.  

Mosaicos de Tabarca. Ilustraciones de los mosaicos y detalles de las ventanas (autora: Almudena Velo-Gala) 

        En Ciadella temos 9 conxuntos de fragmentos que identificamos como vidros de ventá. Presentan as características que acabamos de describir, como as cores traslúcidas, as seccións planas e a textura (lisa por unha cara, rugosa pola outra). En catro casos conservamos incluso os bordos das ventás. A maioría proceden da parte norte do Edificio 2, pero tamén aparecen no Edificio 4 e no exterior do Edificio 1.   


Exemplos de vidros de ventá de Ciadella recuperados nesta campaña de 2020.

Comentarios