Diarios do pasado, as testemuñas escritas de Ciadella.

  • O conxunto epigráfico que atopamos en Ciadella é unha mostra da posible magnitude deste enclave romano. Nesta zona áchanse oito inscricións: tres votivas, catro funerarias e unha indeterminada, xunto con máis dun cento de tegulae con marcas da Cohors I Celtiberorum.  
Admiror, paries, te non cecidisse ruinis/ qui tot scriptorum taedia sustineas!
Parede, sorpréndome de que sigas en pé, ti que soportaches o fastío de tantos escritores!

Algún lector ou escritor da época deixou este graffiti nunha das paredes de Pompeia, se cadra farto das pintadas reivindicativas que os seus propios veciños facían nelas. Pero é precisamente gracias a aquelas xentes que decidiron escribir nas paredes que hoxe coñecemos moitos detalles da vida cotiá do momento.

En Ciadella non temos graffiti pero contamos con algunhas testemuñas epigráficas que alo menos presentan un pequeno bosquexo das xentes que viviron arredor do campamento militar romanoTodas proveñen do campamento ou da súa contorna, namentres que dúas delas foron localizadas en San Vicente de Présaras e San Vicente de Fisteus, localidades moi próximas ao xacemento arqueolóxico. 

Preme || aquí || para consultar o reparto cartográfico das pezas.



A presenza da Cohors I Celtiberorum
En Ciadella a epigrafía deixounos varias testemuñas da presenza da unidade militar que ocuba o campamento, a Cohors I Celtiberorum


A primeira delas (Fotografía: Hispania Epigraphica) é unha inscrición votiva atopada en 1937. Trátase dunha ara de granito dedicada a unha divindade, non conservada, por un signifer da cohorte (CIRG I, 32). O signifer era o encargado de levar o signum ou sinal de cada centuria. Na inscrición léese o seguinte: 
[- - - ]RI[- - -]
ROSIG·C·IC
L·A
[- - - ]ri[- - -]/ ro[- - -] sig(nifer) / ·C(ohors) ·I C(eltiberorum)/ L(ibens)·A(animo) 

A seguinte inscrición foi descuberta na escavación practicada por Caamaño Gesto en 1983. Atopouse in situ nunha habitación adxacente ao lenzo oeste da muralla. (CIRG I, 31). Trátase dunha ara votiva de granito consagrada á deusa Fortuna. A lectura é a seguinte: 


FORTU
NE VAL
LUPUS
OPT
V·S·L·M
Fortu/n(a)e Val(erius) / Lupus / opt(io) / v(otum) s(olvit) l(ibens) m(erito) [A deusa Fortuna. Valerius Lupus, optio, cumpliu a súa promesa gustosamente] -o optio era o suboficial encargado dos centurións de cada centuria-
Fonte: Caamaño Gesto (1983) | Imaxes da aparición da inscrición in situ

                   



A seguinte inscrición presenta unha lectura máis complicada. Atopouse no suroeste do campamento durante a campaña de escavación realizada por Caamaño Gesto en 1981 (CIRG I, 33). Trátase dunha estela funeraria que presenta a seguinte lectura
[- - -]/ [- - -]IOSE
[- - -] QCOE/
[ - - -] ETQCE/
[ - - -] I CHOR /
[ - - - ] /
- - -
[- - -]/ [- - -Anton?]io Se/[vero?- - -] Q(uintus) Coe/[lius- - -] et Q(uintus) Ce/[ionus?- - -] I C(o)hor(s, -tis) /[C(eltiberorum) - - ] / - - -

Ademais destas inscricións en pedra, contamos con centos de tellas que presentan marcas da Cohors I Celtiberorum. Este feito non fai mais que confirmar a presenza deste unidade militar no campamento de Ciadella. Algúns estudos (Caamaño Gesto e Carlsson-Brandt 2015; Caamaño Gesto e Fernández Rodríguez 2006) diferencian ata 18 tipos de marcas diferentes atendendo a cuestións de forma, dimensións, grafía e tipo de letra e, segundo a fórmula utilizada, distinguen cinco grupos (CPC, COH I C, CIC, CHO I C e CHO[-].

Marca localizada nas escavacións desta campaña de 2020

As inscricións funerarias
Contamos con outras tres inscricións funerarias, ademais da vista arriba. As dúas primeiras foron documentadas en 1909 por R. Balsa de La Vega e adquiridas, un mes despois da súa publicación, por Blanco Cicerón ao seu propietario J. Martínez para expoñelas no colexio de San Clemente, en Santiago de Compostela pola celebración da Exposición Rexional Galega durante o ano Santo 1909. En 1936 pasaron a formar parte da colección do Museo da Catedral de Santiago de Compostela (Costa García 2013).

A primeira delas (fotografía que ilustra esta entrada de Costa García, 2013) presenta esculpido na parte superior ao posible difunto xunto a un cabalo (CIRG I, 34). A súa lectura é a seguinte:

D M S
IULIO SEVE
RIANO ANNO
XLVII MEMO
RIAM POSUIT CONIUGI KA
RISSIMO PL
ACIDIA LUPA
DEFUNCTO IN
VALLE MINI
D(iis) M(anibus) S(acrum) / Iulio Seve/riano anno(rum) / XLVII memo/riam posuit coniugi ka/rissimo Pl/ acidia Lupa / defuncto in / valle Mini. [Consagrado aos deuses manes. A Iulius Severianus, de 47 anos de idade, admiradísimo compañeiro, Placida Lupa erixiu na súa memoria, morto no val Minius]
Nesta estela funeraria ademais das habituais fórmulas DMS (Diis Manibus Sacrum) e a referencia a persoa que dedica a ara (Placidia Lupa posuit), contamos coa localización na que faleceu o difunto: in valle Mini

A seguinte inscrición funeraria trátase dunha placa de granito (Fotografía: Hispania Epigraphica) localizada na contorna do propio campamento (CIRG I, 35):
DMS
VAL ANTE
ROTI ANNO
XXV FA CU
I APRONIAN
CONIUGI C
ARISSIMO
D(iis) M(anibus) S(acrum)/ Val(erio) Ante/roti anno(rum)/ XXV fa(ciendum) cu(ravit)/ I(ulia) Apronian(a)/ coniugi c/arissimo. [Consagrado aos deuses manes. A Valerio Anteroti, de 25 anos. Iulia Aproniana ordenou erixilo para o seu estimadísimo compañeiro]

A última das inscricións funerarias localizadas procede de Fisteus, no municipio de Curtis. Segundo as fontes consultadas, tería un remate triangular no que aparece esculpida unha lúa crecente (CIRG I, 37).
D M S
SEVERAE VALE
NTINI AN LX
 POSUIT LUCILA
EBURA HERES
D(iis) M(anibus) S(acrum)/ Severae Vale/ntini [F(iliae)] an(norum) LX/ posuit Lucila/Ebura heres. [Consagrado aos deuses manes. A herdeira Lucila Ebura erixiu este monumento a Severa, filla de Valentinus, de 60 anos de idade]

As inscricións votivas
A última das inscricións votivas atopouse en Présaras, no municipio de Vilasantar (CIRG I, 38). Trátase dunha ara dedicada ás Ninfas (Fotografía: Hispania Epigraphica). Lectura:

REBUR
RIUS TER
TIUS NY
MFIS EX
VOTO
Reburrius Tertius, ás Ninfas por un voto.




Outras inscricións indeterminadas
Contamos cunha placa de granito (CIRG I, 36) que foi documentada por C. García Romero pouco despois de que Balsa de La Fuente publicase as dúas inscricións funerarias. Este epígrafe atopábase en mans dunha veciña de Ciadella. Soamente contamos cun debuxo no que pode lerse [---] arito.
E, por último, na campaña de 2010 atopouse unha ara de granito xunto a un capitel nunha das estancias do campamento que presenta unhas liñas horizontais e na que só pode lerse [-]NI.

Unha vez máis, as evidencias arqueolóxicas xunto ás evidencias epigráficas constatan a presenza no campamento e os arredores de xente vinculada ao mundo militar. Pero non podemos rematar este breve repaso da epigrafía de Ciadella sen facer mención á tabula hospitalis atopada en Castromao e que describe o pacto realizado entre un prefecto da Cohors I Celtiberorum e o populus  dos Coelerni. Ademáis, epígrafes coa mención a esta cohorte atopámolos en diversos diplomas militares en Britania e na Mauretania Tingitana; nunha inscrición honorífica, escrita en grego antigo, en Turquía (Oenandis, Lycia); e en tres aras votivas atopadas en Villalís (León) (Aja Sánchez 2007).

Para saber máis
Aja Sánchez, J. R. (2007): “La epigrafía de la Cohors I Celtiberorum”. Provinciae Imperii Romani inscriptionibus descriptae 1: 23-30
Andrés Hurtado, G. (2002): “Los lugares sagrados en los campamentos militares”. Iberia: revista de la antigüedad 5: 137-160
Balsa de la Vega, R. (1909): “Enigma arqueológico”. BRAG 26: 27-31
Beltran Ortega, A. (2008): “Localización geográfica de algunas unidades auxiliares romanas en el Hispania bajoimperial”. Archivo epigráfico de Hispania 5: 60-69
Caamaño Gesto, J. M. (1983): “Aportaciones al estudio de la Cohors I Celtiberorum: una inscripción militar hallada en el campamento romano de Cidadela (Sobrado dos Monxes-Coruña).” Brigantium 4: 61-71
Caamaño Gesto, J. M. (1984): "Excavaciones en el campamento romano de Cidadela (Sobrado dos Monxes. Coruña). Memoria preliminar de la campaña de 1981". NAH 18: 233-254
Caamaño Gesto, J. M. (1989): "Estampillas de la Cohors I Celtiberorum halladas en el campamento romano de Cidadela". Gallaecia 11: 209-229
Caamaño Gesto, J. M. e Carlsson-Brandt Fontán, E. (2015): Marcas de la 'cohors i celtiberorum' halladas en el campamento romano de Cidadela (Sobrado dos Monxes, A Coruña). Portugalia 35: 107-120
Caamaño Gesto, J. M. e Fernández Rodríguez, C. (2006): “Producción y comercialización en el campamento romano de Cidadela (sobrado dos Monxes, A Coruña)”. En Morillo Cerdán, A. (ed.), Arqueología militar romana en Hispania II: producción y abastecimiento en el ámbito militar, 167‑184.
Costa García, J. M. (2013): Arqueología de los asentamientos militares romanos en la Hispania altoimperial (27 a.C. – ca. 280 d.C.). Tesis doctoral
Fita, F. (1910): "Nuevas lápidas romanas del norte de Galicia". BRAH 56: 351-361.
Jiménez de Furundarena, A. (2002): “Historia y prosopografía de la Cohors I Celtiberorum Civium Romanorum”. Hispania Antiqua 26: 99-120

Comentarios