- A compoñente investigadora do proxecto Ciadella 2020 vai máis aló da escavación e a posta en valor das estruturas dos Edificios 1-2 e 4. O proxecto inclúe unha serie de análises que nos axudarán a reconstruír o pasado do xacemento. Fagamos unha pequena síntese das mostras tomadas e das analíticas previstas.
*Datacións de 14C: ao igual que de OSL, recolléronse unha gran cantidade de mostras orgánicas que poden ser datadas por 14C. Polo momento, escolléronse 4 de grande interese para a evolución do xacemento que xa foron enviadas a laboratorios especializados para obter datas radiocarbónicas.
Non nos podemos esquecer de que, a maiores destes métodos de datación absoluta, o estudio dos materiais arqueolóxicos recuperados en contexto (cerámica, vidros, moedas, metais…etc.) nos van aportar datos cronolóxicos fiables e axustados.
*Caracterización
de morteiros: sumada á datación, estase a levar
a cabo unha caracterización de morterios de diferentes estruturas do
xacemento. Esta investigación está sendo levada a cabo pola profesora da Escola
de Minas da UVigo, Teresa Rivas Brea.
*Estudios
arqueobotánicos: recuperáronse preto dun centenar de
mostras de material orgánico unha vez lavado e flotado sedimentos do xacemento.
Unha parte destas mostras van ser estudiadas por Catarina Magalhães do equipo
da Universidade de Porto dirixido polo profesor Joao Pedro Tereso.
*Estudio zooarqueolóxico: a pesares de que a fauna conservada no xacemento é moi escasa, os restos que puidemos recuperar van ser estudiados por Carlos Fernández, profesor da U. de León quen, por certo, foi o director dalgunhas das campañas de escavación en Ciadella en pasadas anualidades.
Comentarios
Publicar un comentario