- A Ciadella é un xacemento complexo no que, durante os diferentes momentos históricos nos que estivo en uso, foi mudando, engadindo sucesivas construcións que modificaban a configuración e a utilizade dos espazos. Durante unha destas etapas parte do recinto que se utilizara como campamento reconverteuse en cemiterio, ocupando estancias e espazos que ata entón tiñan una funcionalidade habitacional ou produtiva. Isto implicou, ademais dunha nova configuración do espazo, un cambio na mentalidade e concepcións da poboación, que pasou a enterrar alí aos seus mortos.
O inicio do uso destes espazos como lugares de enterramento sitúase
posiblemente nalgún punto da tardoantigüidade, probablemente con posterioridade
ao s. VI, atendendo aos materiais cerámicos recuperados no entorno das tumbas. A
pesar disto, non queda claro durante canto tempo se manterían estes lugares
como espazos de enterramento e se o seu uso como lugares mortuorios sería
continuo ou intermitente. Tampouco queda claro o estado das estruturas
anteriores no momento en que se erixiron as primeiras tumbas, non descartándose
que parte dos muros fosen aínda visibles, reaproveitandose ademais algúns deles
como elementos delimitadores para algunhas das sepulturas.
A Ciadella conta a día de hoxe con polo menos dúas zonas de enterramento diferentes, cunha extensión aínda descoñecida e sen poder descartar a aparición de sepulturas noutras áreas do xacemento. A zona na que se recuperan un maior numero de tumbas (6) localizase no coñecido como Edificio 1, nunha das súas estancias máis orientais; namentres as outras sepulturas (2) localizáronse no coñecido como Edificio 4, ao outro lado dos principia.
A Ciadella conta a día de hoxe con polo menos dúas zonas de enterramento diferentes, cunha extensión aínda descoñecida e sen poder descartar a aparición de sepulturas noutras áreas do xacemento. A zona na que se recuperan un maior numero de tumbas (6) localizase no coñecido como Edificio 1, nunha das súas estancias máis orientais; namentres as outras sepulturas (2) localizáronse no coñecido como Edificio 4, ao outro lado dos principia.
Sepulturas no Edificio 1
Este espazo funerario componse dun total de seis sepulturas, cinco delas
localizadas na estancia máis oriental do Edificio 1 e outra sita no espazo
exterior anexo a mesma polo Leste. Todas elas presentan una orientación
Leste-Oeste, probablemente coa cabeza do defunto colocada ao Oeste. Presentan una
certa homoxeneidade construtiva, a excepción do sartego en pedra recuperado no
espazo exterior.
Trátase principalmente de sepulturas en foxa, escavadas no terreo,
destruíndo en ocasións os pavimentos das estruturas anteriores; que normalmente
se atopan delimitadas en parte do seu contorno por pedras. Soamente unha delas
presenta una cista ou caixa completa en pedra –formada por pedras fincadas- cun
fondo recuberto de tegulae (segundo
os planos antigos do xacemento). Construíronse seguindo a liña dun dos muros
que pecha a estancia na que localizan, colocándose ordenadamente, paralelas
unhas as outras, formando unha fila.
Delas, catro son descubrimentos novos, da campaña de escavación do 2020,
coñecéndose soamente con anterioridade a tumba en pedra e tegulae e o sartego monolítico. Ademais, durante a intervención do
2020, localizáronse varias foxas de funcionalidade indeterminada no entorno
directo deste espazo funerario, sen poder descartarse nin afirmar que se trata
de outras sepulturas e que o número destas podería ser moito maior. Cabe
destacar que ningunha delas supera o 1.40 m de largo, o que suxire que podería
tratarse hipoteticamente dunha zona de enterramento infantil.
Sepulturas na Igrexa
Este sector de enterramento presenta un número moito menor de tumbas,
contándose ata a fecha soamente dúas, unha delas –un sartego monolítico de
pedra- de localización imprecisa e actualmente desaparecida. A sepultura
restante, localizada na nave central da igrexa, ten unha tipoloxía bastante
similar á das tumbas do Edificio 1 e coñecíase a súa existencia con
anterioridade a campaña de escavación (Costa García 2013). Formada por grandes
laxes de xisto, esta tumba destaca polas súas dimensións, tratándose sen moita
dúbida dun enterramento adulto.
O establecemento de espazos funerarios sobre estruturas cunha
funcionalidade diferente no pasado é habitual no noroeste peninsular, con casos
como o de Eirexa Vella (Bares -A Coruña) ou o de Adro Vello (O Grove -
Pontevedra), entre outros. A incógnita no caso de A Ciadella reside polo tanto
na extensión deste espazo de enterramento, que queda pendente de novas
intervencións no xacemento; na pervivencia desta práctica no tempo e a forma en
que foi desenvolta; e, entre outros, na procedencia das xentes alí enterradas.
Comentarios
Publicar un comentario